• ¡En oferta!

A A lóxica da descuberta científica

Autor/a
Popper, Karl
Prologuista
Vázquez Sánchez, Juan
En  palabras do seu propio autor, A lóxica da descuberta científica " pretendía proporcionar unha teoría do coñecemento e, ao mesmo tempo, ser un tratado sobre o método -o método da ciencia-". Iso é o que pretendía ser e iso é o que é: un dos tratados de metodoloxía da ciencia máis relevantes, se non o máis relevante, de todos cantos se escribiron no século XX. Non se trata dun manual de metodoloxía da ciencia e teoría do coñecemento, senón dun tratado, dunha presentación e defensa da epistemoloxía e filosofía da ciencia derivadas da posición específica do autor. Karl Popper é, sen dúbida, unha das figuras máis representativas da filosofía da ciencia do século XX. A súa produción filosófica foi extensa e non cesou ata os últimos anos da súa vida. The Logic of Scientific Discovery (1959), a versión inglesa corrixida e aumentada da súa Logik der Forschung (1934), é a súa obra epistemolóxica fundamental. Nela atópanse xa formulados os dous piares do seu pensamento: o rexeitamento da indución e a proposta da falsificación como criterio de cientificidade. Ambos principios impregnan o seu xeito de entender non só a ciencia senón tamén a sociedade e a política, e están, así, detrás da súa crítica do esencialismo dogmático e da súa clara e decidida aposta polo democracia.
Transacción
Formato
17,15 GBP
Cantidad

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2012
Nº de páginas
670
Serie
19 Clásicos do pensamento universal
ISBN
9788498879094
Disponibilidad
Si