O conxunto de estudios que, baixo o rótulo Ilustración e modernidade. Os avatares da Razón, constitúe o presente volume, foi realizado no marco do proxecto titulado Ilustración, censura e modernidade no contexto dos séculos XVIII e XIX. Este proxecto é continuación doutro anterior (Censura e Ilustración en Galicia no marco europeo do século XVIII), as investigacións do cal foron xa publicadas no libro Censura e Ilustración, Universidade de Santiago, 1997. Se ben algunhas circunstancias cambiaron, mantense e confírmase unha liña de investigación que, aínda conservando as mesmas matrices -ilustración, censura-inquisición, modernidade- vaise consolidando e ampliando, tanto na perspectiva cronolóxica, como no número de pr