A presenza de persoas é unha característica común a todas as organizacións. Independentemente da súa natureza, tamaño, localización ou funcións desenvolvidas, o logro dos obxectivos organizativos precisa, en maior ou menor medida, de persoas que planifiquen, organicen, dirixan, controlen e desenvolvan as diferentes actividades e recursos involucrados na xestión. A xestión dos recursos humanos configúrase, por tanto, como unha actividade imprescindible no ámbito empresarial, cuxo desempeño afecta á eficiencia e eficacia de empresas e organizacións. A materia Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos corresponde ao 3º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Presenta ao alumnado diferentes cuestións esenci