• ¡En oferta!

O O occitano, lingua europea: L'occitan, lenga europèa

Autor/a
Alén Garabato, María del Carman
Os intercambios culturais entre Occitània e Galicia remóntanse á Idade Media (como ben mostran os versos de Don Denis (1261-1325): Proençaes soen muy bem trobar / e dizen eles que é com amor...) e continúan mesmo no século XIX, cando figuras imprtante do Rexudirmento galego, que coñecían a obras dos grandes poetas occitanos do momento, falan con admiración de Mistral, de Roumanille ou de Jasmin.O interese da propia Universidade de Santiago de Compostela polo occitano (ou provenzal) remóntase ós anos 60 e segue vivo na actualidade. Este libro, que recolle algunhas das intervencións de importantes especialistas da lingua e da cultura occitanas que participaron na "Semana do Occitano" celebrada na Facultade de Filoloxía en 1998, quere contribuír a un mellor coñecemento da situación actual da lingua dos trobadores e das circunstancias históricas que a levaron a unha situación de minoración. A historia sociolingüística do occitano e do galego, polo demais, aseméllase (polo menosataa a segunda metade do século XX) e o seu coñecemento pode axudarnos a reflexionar sobre o nosa propia traxectoria.
Transacción
Formato
2,57 GBP
Cantidad

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2003
Nº de páginas
117
Serie
Outras Publicacións
ISBN
9788497501552
Disponibilidad
Si