Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro é unha obra coral
que recolle preto dunha trintena de achegas referidas á historia da
lingua, a gramática diacrónica e a edición de textos referentes
tanto ao galego como ao portugués (europeo e brasileiro), cun límite
temporal nos finais do século XVIII. As devanditas liñas temáticas
constitúen ámbitos de traballo nucleares no currículo do
homenaxeado. Ao seu cultivo no presente volume contribúen algunhas
das voces máis representativas da filoloxía galego-portuguesa dos
nosos días. A iniciativa de erguer este humilde monumento a un dos
referentes vivos da filoloxía portuguesa, sabio sobranceiro e
maxistral historiador da lingua, xurdiu dun grupo de investigadores do
Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Ofrécese ao público como expresión do recoñecemento ao papel de
Ivo Castro canto facilitador de contactos persoais, colaboracións
científicas e trocas académicas entre pesquisadores do norte e o sur
do río Miño e dunha banda e outra do Océano Atlántico
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Publication Year
Serie
Outras Publicacións
Availability
Si

Instit...