• Online only
  • On sale!

Andar, camiñar, marchar: actas do XV Curso de Primavera, Lugo, 10-12 de abril de 2019

Coordinador/a
Zins, Max Jean
Arias Vilas, Felipe
En 2019, os xa veteranos Cursos de Primavera do Campus de Lugo —consolidados como un referente na divulgación da investigación humanística— enfocaron a atención ao camiñar, ao feito de andaren as persoas e os animais, unha necesidade biolóxica con amplísimo reflexo na literatura de todo tempo e lugar. No curso, os resultados do cal recollen estas páxinas, a marcha tivo dúas abordaxes, unha apoloxética derivada dos proverbiais beneficios de camiñar para a saúde, e outra máis puramente física ou bio-tecnolóxica relacionada coa cinética e os mecanismos da marcha. Sobre estes criterios, as contribucións organizáronse en catro bloques: camiñar como movemento corporal eminentemente persoal; o andar na socioloxía, na politíca e na historia; un enfoque comparativo sobre as diversas formas do camiñar, e o papel do camiño e a marcha na literatura e os imaxinarios populares.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2021
Serie
258 Cursos e Congresos
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/cc.2021.1298
Availability
Si