• ¡En oferta!

Valoración de activos continxentes

Autor/a
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir os fundamentos da valoración de activos continxentes por medio dos activos Arrow‐Debreu. A partires da valoración con activos Arrow‐Debreu obtéñense as probabilidades neutrais ao risco, probabilidades que nos permiten valorar un activo como o valor esperado descontado dos seus fluxos baixo a distribución de probabilidade risco neutro. Esta forma de valoración é semellante á dada pola ecuación fundamental de valoración, coa salvedade de que se ten en conta a prima de risco do activo, e é a utilizada para valorar moitos produtos financeiros como os produtos derivados. Así mesmo, estúdase a relevancia dos mercados completos para que esta valoración poida realizarse sen ambigüidade. A comprensión da temática de esta unidade didáctica require de un grao de abstracción relativamente elevado, dunha comprensión dos fundamentos da elección con incerteza, así como do manexo de técnicas matemáticas. Por iso ao longo da unidade utilízanse unha serie de exemplos numéricos sinxelos que teñen como obxectivo motivar e facilitar ao estudante o acceso á problemática da valoración con activos continxentes utilizando activos Arrow‐Debreu.

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2015
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788415876335
Disponibilidad
Si