• ¡En oferta!

A A idea de negocio. O estudo técnico

Autor/a
Vivel Búa, María Milagros
Lado Sestayo, Rubén
A elaboración dun plan de negocio supón a realización dun documento que, de xeito integrado, avalía a viabilidade dunha idea empresarial a través de diferentes dimensións. Unha destas fai referencia ao estudo técnico do novo negocio, logo do desenvolvemento dunha análise comercial previa do produto ou servizo a ofertar no mercado.A análise técnica da idea de negocio ten dous obxectivos fundamentais: i) o deseño da estrutura e dos procesos na empresa; ii) a identificación e cuantificación dos recursos necesarios que permitan alcanzar as vendas previstas. En particular, nesta fase de elaboración do plan de negocio préstase especial atención ao capital humano e ás alternativas de adquisición de bens. Asemade, os resultados obtidos logo de facer este estudo operativo permiten realizar unha aproximación á estrutura de custos da empresa, así coma ao establecemento dunha política de protección de activos intanxibles de alto valor como, por exemplo, o saber facer da empresa (know how).Esta unidade pertence á materia de Traballo Fin de Grao do 4º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Deste xeito, contribúe á preparación do proxecto fin de grao a través do deseño dun plan de negocio e, particularmente, da súa análise técnica. Esta fase na elaboración do traballo supón coñecer a viabilidade da empresa dende tres puntos de vista, a saber, legal, operativo e organizativo.
Transacción
Formato
2,39 $
Cantidad

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2015
Serie
94 Unidades didácticas
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533305
ISBN
9788416533305
Disponibilidad
Si