• ¡En oferta!

Equilibrio e valoraciónd e activos

Autor/a
Reboredo Nogueira, Juan Carlos
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o modelo de valoración de activos de equilibrio no contexto de mercados completos e incompletos con e sen activos Arrow‐ Debreu. Así, analízase como as decisións financeiras levan aparelladas a elección dunha senda temporal de consumo óptima e como estas decisións permiten ao individuo elixir o perfil de risco acorde coas súas preferencias. Finalmente, analízase a influencia do consumo agregado na determinación do valor dun activo financeiro, obtendo a valoración de equilibrio dada polo modelo CCAPM. A comprensión desta unidade reviste un grao de dificultade elevado na mediada que require dun elevado nivel de abstracción e do manexo de técnicas de optimización e coñecementos de estatística. É por iso que ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos numéricos que tratan de ilustrar a conexión entre as intuicións financeiras dos modelos e a súas implicacións, así como as limitacións prácticas dos seus supostos básicos.

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2013
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788415876373
Disponibilidad
Si