• ¡En oferta!

En memoria de tanto miragre: estudos dedicados ó profesor David Mackenzie

Coordinador/a
Rei-Doval, Gabriel
Dubert García, Francisco
Sousa, Xulio
En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie é un volume constituído por contribucións realizadas desde diferentes lugares do mundo e relevantes no ámbito da lingüística iberorrománica e tamén para a lingüística e literatura galegas. Estas liñas temáticas constitúen áreas de traballo centrais no historial do homenaxeado. Nesta publicación participan algunhas das voces máis representativas das devanditas áreas, tanto en Galicia coma nos  Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda e Australia. O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela comprácese en ofrecer á comunidade científica esta homenaxe, expresión de gratitude e recoñecemento a David Mackenzie, que sen dúbida contribuíu a abrir tanto Galicia ó mundo coma o mundo a Galicia.
Transacción
Formato
15,00 €
Cantidad

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2015
Nº de páginas
261
Serie
386 Outras Publicacións
ISBN
9788416183968
Disponibilidad
Si