• On sale!

Innovación e emprendemento baseados nas ciencias

Coordinador/a
Vence Deza, Xavier
Rodeiro Pazos, David
Este libro é froito do traballo desenvolvido dentro da Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores). Esta rede está formada por seis grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e conta coa colaboración do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Configúrase como unha rede interdisciplinar que abrangue ramas como a economía, finanzas, dereito, políticas, xenómica e eco-innovación e que ten como principal obxectivo a investigación sobre os factores determinantes da emerxencia de novas actividades innovadoras e o deseño de estratexias que contribúan ao nacemento de novos sectores, especialmente os baseados na ciencia. En consonancia co obxectivo da rede, o tema central tratado nesta obra é o emprendemento e a innovación con base nas ciencias. Nas últimas décadas o emprego da ciencia e a tecnoloxía como soporte da innovación e a súa aplicación no ámbito empresarial téñense convertido non só nun tópico a incluír nas axendas políticas senón nunha área de actuación. En gran parte dos países e rexións as administracións públicas teñen articulado programas para aumentar a súa competitividade e produtividade a través de procesos de innovación con base na ciencia e a tecnoloxía.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2015
Serie
Outras Publicacións
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/op.2015.830
Availability
Si