«Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero» é unha colección de once guías temáticas promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada a lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego. Ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento: as ciencias da computación; o dereito e a criminoloxía; a educación e a pedagoxía; a filoloxía e a lingüística; a filosofía; a física; a historia; a historia da arte; a medicina; a psicoloxía e a socioloxía, a economía e a ciencia política. A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas, responde ao interese de proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.