Filtrado por

Precio
0 28
Transacción
Más... Menos
Formato
Más... Menos
Autor/a
Más... Menos
Ano Publicación
Más... Menos
Edición
Más... Menos
Serie
Nº de paxinas
Más... Menos
Tags
Más... Menos

Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198

Desde a súa fundación en 1974, a revista Verba edita números especiais destinados a difundir investigacións extensas de especial interese. A colección abrangue desde monografías asinadas por un único autor ata traballos de autoría en colaboración, seleccionados polos editores de cada volume. Nos anexos publícanse tamén reelaboracións de teses de doutoramento, a condición de seren avaliadas positivamente por dous avaliadores propios da revista. Así mesmo, dáse cabida nesta colección a volumes que recollen resultados de coloquios ou simposios, sempre que se respecte a coherencia temática do anexo, ben pola súa pertenza ao mesmo campo de estudo (léxico, gramática, onomástica, crítica textual e edicións, etc.), ben por facer referencia a unha lingua en concreto (galego, español, unha ou varias linguas románicas, etc.), ben por adoptar un enfoque descritivo determinado (sincronía, diacronía, dialectología, lexicografía, sociolingüística, etc.). Os editores destes volumes deben asegurar a calidade dos traballos recompilados. Ademais, o consello de redacción de Verba someteraos a avaliación externa.
Os ámbitos temáticos nos que deben inscribirse os anexos son os mesmos que os da revista Verba. Cada ano publícanse dous anexos como máximo. Historia da colección

Normas para autores

Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198