Variación diatópica y morfosintaxis en la historia del español
- Coordinador/a
- Garrido Martín, Blanca
- Moral del Hoyo, María del Carmen
- Raab, Matthias
Este volume colectivo recolle unha selección de traballos presentados na sección sobre Variación diatópica e morfosintaxe na historia do español, que se celebrou no XXII Congreso da Asociación Alemá de Hispanistas en Berlín. Neles ofrécense diferentes enfoques teóricos e metodolóxicos para o estudo da morfosintaxe dialectal histórica, achéganse novos datos e materiais para a dialectoloxía histórica, e analízase a variación morfosintáctica e fenómenos de cambio lingüístico do español desde un punto de vista dialectal. O obxecto de estudo dos traballos compilados é diverso: construcións locativas e cuantificativas, diferentes aspectos do ámbito da morfoloxía nominal e verbal ou a variación dialectal en autores e textos. As achegas, en definitiva, pretenden impulsar o estudo diacrónico da dialectoloxía, que tradicionalmente non recibiu a mesma atención cá xeografía lingüística sincrónica.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2021
- Serie
- 82 Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788418445583
- ISBN
- 9788418445583
- Dispoñibilidade
- Si