Este manual reúne os contidos e métodos de traballo relevantes nun
programa introdutorio de termodinámica clásica, utilizando unha
presentación accesible da teoría e dos procedementos nos que o
autor, grazas á súa prolongada experiencia docente, comprobou que os
estudantes teñen máis dificultades. Entre outras axudas didácticas,
inclúense listas dos conceptos fundamentais, cuestións teóricas,
exemplos numéricos resoltos e comentados, consellos sobre boas
prácticas, etc. A base matemática indispensable é recordada en
epígrafes específicas, co nivel necesario para traballar con rigor
pero sen estendela a temas avanzados, que poden pospoñerse a unha
eventual segunda revisión da materia, nun curso de posgrao ou
máster. O ...