• En venta!

Arte e ciencia en Galicia: A ilustración científica e técnica

Autor/a
Díaz-Fierros Viqueira, Francisco
O discurso da ciencia, todo ao longo da súa historia, acompáñase a miúdo de ilustracións gráficas, sexan do propio científico ou dun artista, con límites difusos entre os dous roles. Obtense así a mellor comprensión polo efecto combinado das palabras e as imaxes, sen que sexa fácil moitas veces distinguir cal das dúas formas de comunicación -verbal e visual- é o apoio da outra. Arte e ciencia en Galicia presenta cincuenta e cinco exemplos gráficos que levan desde o século XII ata o XX, con láminas reproducidas a color acompañadas de explicacións para situar o traballo no artístico, no científico e no cultural. Estes exemplos, diversos en épocas, temas e técnicas, evidencian que a histórica transmisión do saber mantén vivas as imaxes, ese milagre dos sentidos que serviu de inspiración a pintores e poetas pero que tamén os grandes científicos souberon encher de contido
Transacción
Formato
£15,44
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2013
Nº de paxinas
139
Serie
Outras Publicacións
ISBN
9788498879490
Dispoñibilidade
Si