• En venta!

Métricas de Walker: estructura simpléctica das variedades de Osserman

Autor/a
Cortés Ayaso, Alexandre Andrés
É ben sabido que a existencia dun campo paralelo de k-planos nunha variedade riemanniana da lugar a unha descomposición local da variedade como producto riemanniano. Esta propiedade exténdese sen problemas ó ámbito, máis xeral, da xeometría semiriemanniana asumindo que a restrición do tensor métrico ó campo de k planos é non dexenerada. Sen embargo, a situación é moi difente cando o campo paralelo de k-planos é dexenerado (o que se coñece como unha estructura de Walker), dando lugar a unha estructura indescompoñible pero non irreducible. É por isto que as métricas de Walker aparecen como estructuras subxacenetes en moitas situacións estrictamente semi{riemannianas sen análogo riemanniano. Como exemplo, as métricas lorentzianas de frontes de ondas (que posúen un campo de vectores nulo paralelo) constitúen un caso especial de estructuras lorentzianas de Walker. 

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
11/07/2010
Serie
Publicaciones del Departamento de Geometría y Topología
ISBN
9788489390348
Dispoñibilidade
Si