• En venta!

Cultura e paisaxe

Coordinador/a
Pérez Moreira, Roxelio
López González, Francisco Javier
“Cultura e Paisaxe” están intimamente relacionadas. De primeiras, porque a cultura reflíctese na paisaxe dun igual xeito que a paisaxe espéllase na cultura. Ademais, porque tamén a paisaxe é unha descuberta cultural, unha percepción emocional e intelectual da nosa mirada, existindo só a partir de que esta fora capacitada e cualificada culturalmente. As nosas paisaxes de hoxe en día son en xeral unha xenuina síntese de interacións entre o natural e o cultural, depositarias dunha histórica connivencia entre as xentes e o medio; de feito, as sociedades humanas a través da cultura transforman a paisaxe natural en cultural. Por iso que a paisaxe é un legado secular da cultura e, reciprocamente, é á vez conformadora do noso imaxinario cultural. Polo mesmo, é unha fidedigna expresión territorial e identitaria.
Sen existencias

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2010
Serie
Outras Publicacións
ISBN
9788498875225
Dispoñibilidade
Si