Se ben é certo que o concepto de "utopía" atravesa toda a historia
do pensamento universal, o humanista,mártir e santo, Tómas Moro,
influído en boa mediada pola "República" de Platón, deulle un selo
inequívoco e, dende entón, indeleble. O acerto da súa "Utopía"
("De optimi reipublicae statu de que nova insula Utopia", 1516), a
grandeza da súa invención, é o humor, que, preservando o equilibrio
entre realismo e suxestión, permítelle manter viva a tensión
utópica. Fronte aos intentos posteriores, inmediatos e máis
coñecidos -- o "Pantagruel" (1532) de François Rabelais, demasiado
cómico; a "Cidade do Sol" (1623) de Tommaso Campanella, demasiado
relixiosa e a "Nova Atlantis" (1627) de Francis Bacon, demasiado
científica --, o equilibrio e ponderación de Moro lograron que,
dalgún xeito, a súa "Utopía" se convertese na divisoria de augas
que diferencia as utopías en antigas e modernas. A partir de Moro, o
tema da utopía fíxose explícito e quedou entregado ao proceso vivo
da historia. Mesmo co paso do tempo, na "Utopía" seguen a resoar en
todos nós as ilusións dos grandes soños diúrnos que nos habitan,
onde o diñeiro non manda e todos somos iguais, onde os vellos e os
enfermos están atendidos, onde as guerras apenas existen, onde nos
podemos rir dos vestidos, alfaias e ouropeis dos nobres e dos
clérigos, onde o traballo non afoga e as familias son ordenadas e
harmónicas, onde os gobernantes serven e non explotan... Xusto, a
utopía agochada no máis fondo de todos nós, raíz das críticas
máis xustas e das ilusións inacabables.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
Serie
Clásicos do pensamento universal
Dispoñibilidade
Si

científica ...