Los Caminos a Santiago en la Edad Media: imágenes y leyendas jacobeas en territorio hispánico (siglos IX a XIII)
Coordinador/a
Monteira Arias, Inés
Cendón, Marta
Desde unha perspectiva histórico-artística, o Camiño de Santiago é
un inesgotable filón para a investigación e a crítica, revelándose
probablemente como un dos temas predilectos da historiografía
medieval, un feito perfectamente explicable de termos en conta que a
peregrinación a Compostela se relaciona con fenómenos
transcendentais para a cultura de Occidente como a implantación da
reforma Gregoriana, a expansión dos reinos cristiáns peninsulares e
a propagación dunha arte común dentro dun asombroso proceso de
unificación cultural. Malia a cantidade de estudos publicados sobre
un tema de tal proxección, non sempre resulta doado e accesible a
estudantes e investigadores atoparen información clara sobre a
sucesión de acontecementos e fontes relacionadas coa suposta inventio
do corpo do Apóstolo na espesura dun bosque galego, unha limitación
que esta monografía pretende paliar. Desde as orixes e construción
do culto xacobeo á definición e representación da imaxe artística
do Apóstolo, a multiplicidad de percorridos e camiños a Santiago
—de aí o título do libro— ou as claves da «arte do Camiño de
Santiago», esta obra volve, unha vez máis, os ollos á asombrosa
vitalidade con que a peregrinación a Compostela se mantivo ao longo
dos séculos, a pervivencia dunha ruta chea de arte, historia e
espiritualidade, onde o viaxeiro se enfronta a un pasado vivo e o
investigador a un campo de interese inextinguible.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2018
Nº de paxinas
231
Serie
Outras Publicacións
ISBN
9788416954858
Dispoñibilidade
Si
Desde unha perspectiva histórico-artística, o Camiño de Santiago é
un inesgotable filón para a investigación e a crítica, revelándose
probablemente como un dos temas predilectos da historiografía
medieval, un feito perfectamente explicable de termos en conta que a
peregrinación a Compostela se relaciona con fenómenos
transcendentais para a cultura de Occidente como a implantación da
reforma Gregoriana, a expansión dos reinos cristiáns peninsulares e
a propagación dunha arte común dentro dun asombroso proceso de
unificación cultural. Malia a cantidade de estudos publicados sobre
un tema de tal proxección, non sempre resulta doado e accesible a
estudantes e investigadores atoparen información clara sobre a
sucesión de acon...