Sorpresa, fascinación, incredulidade son impresións que chegan a abraiar cando nos colle de súpeto o maxestoso empaque dun moimento megalítico, enchendo coa súa presencia toda a paisaxe circundante. ¿Porque facer semellante obra?, pregúntase o incrédulo visitante. ¿Porque tanto traballo no labor de extracción das grandes laxes, o seu transporte e erguemento? ¿Cal era o pensamento deses megaliteiros? Ó mellor cicais unha fonda motivación relixiosa foi o xerme destas construccións. Ou en todo caso un dos móbiles, pois o Megalitismo hai que entendelo como un fenómeno ecuménico, polimórfico e vario, no que as estructuras pétreas non son máis que un elemento de todo un mundo cargado de simbolismos, xeralmente en ligazón