• En venta!

A A empresa dende a perspectiva organizativa

Autor/a
Varela Vázquez, Pedro
Vila Vázquez, Guadalupe
Camoiras Rodríguez, Zaira
A unidade didáctica «A empresa dende a perspectiva organizativa» pertence á materia Administración de Empresas, correspondente ao primeiro curso do Grao en Economía. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n º 56, de 5 marzo de 2010), dita materia ten carácter de formación básica. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTS e impártese no segundo semestre. A materia Administración de Empresas ten como finalidade aproximar ao alumnado á contorna empresarial, así como ás tarefas que realizan os directivos. Así mesmo, pretende dotalos das destrezas e habilidades requiridas para a toma de decisións na contorna empresarial. Os contidos desta materia desempeñan un papel fundamental na titulación do Grao en Economía, posto que constitúen a única aproximación ás funcións directivas e, en xeral, á organización de empresas. Esta unidade didáctica introduce ao alumnado ás organizacións, ás actividades que realizan e os comportamentos que debe encarnar o persoal directivo, así como ás habilidades e destrezas xerenciais. Así mesmo, analiza a evolución do pensamento directivo, dende as primeiras manifestacións ata os modelos contemporáneos.  

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2019
Serie
133 Unidades didácticas
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/9788417595173
ISBN
9788417595173
Dispoñibilidade
Si