Compostela contemplan dúas materias que conteñen as bases para a comprensión do Dereito do Traballo. A primeira, denominada Dereito do Traballo I, ten lugar no segundo curso, e o seu obxecto é a caracterización do contrato de traballo. A segunda, Dereito do Traballo II, sitúase no terceiro curso, e incide nas relacións colectivas.A primeira, comparte curso académico coa materia Dereito de Contratos, co fin de facilitar ao alumnado a distinción entre o arrendamento de servizos civil, descendente da locatio conductio operarum, do contrato de traballo. Así, as primeiras leccións dedícanse á caracterización do traballo obxecto deste contrato como prestación voluntaria, subordinada, retribuída e realizada por conta allea. A prese