Cantares de amigos: Estudos en homenaxe a Mercedes Brea
Coordinador/a
Corral Díaz, Esther
Fidalgo Francisco, Elvira
Lorenzo Gradín, Pilar
Catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de
Compostela, a figura de Mercedes Brea constitúe un referente
internacional na súa especialidade. Sobrancea, ademais, no mundo
académico por distinguidos méritos tanto de xestión como de
investigación. Entre outros cargos desenvolvidos, cómpre subliñar
que foi vicerreitora de Profesorado, decana da Facultade de Filoloxía
e directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Coordinou a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que convocou
en suxestivos proxectos comúns a medievalistas galegos especializados
en distintas áreas (filoloxía, historia medieval e historia da
arte). É cabeza e corazón do GI-1350, grupo de investigación
competitivo e dinámico no que promove todo tipo de iniciativas
consagradas á filoloxía e literatura románica medieval.A través
dunha estreita colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a
Investigación en Humanidades estimulada por Mercedes Brea, Galicia e
a universidade compostelá téñense situado na vangarda nos estudos
de lírica galega medieval, primeiro coa publicación dos dous volumes
da Lírica Profana Galego-Portuguesa e, seguidamente, coa creación da
Base de datos MedB, que puxo ao dispor de toda a comunidade
científica o corpus completo informatizado das cantigas profanas,
proxecto no que Brea continúa a traballar de xeito infatigable e
sempre con espírito innovador. O seu maxisterio callou na dirección
de numerosas teses de doutoramento e, como docente vocacional
preocupada pola transmisión do saber, a súa entrega e dedicación é
unanimemente recoñecida por infinidade de promocións. Brillante e
meticulosa, emprendedora e decidida, calculadamente ousada, paciente e
xenerosa, Mercedes Brea recibe no presente volume os traballos dunha
parte dos seus colegas e discípulos como testemuño de afecto,
recoñecemento e gratitude á mestra e á amiga.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
Serie
Homenaxes
Dispoñibilidade
Si
Catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de
Compostela, a figura de Mercedes Brea constitúe un referente
internacional na súa especialidade. Sobrancea, ademais, no mundo
académico por distinguidos méritos tanto de xestión como de
investigación. Entre outros cargos desenvolvidos, cómpre subliñar
que foi vicerreitora de Profesorado, decana da Facultade de Filoloxía
e directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Coordinou a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que convocou
en suxestivos proxectos comúns a medievalistas galegos especializados
en distintas áreas (filoloxía, historia medieval e historia da
arte). É cabeza e corazón do GI-1350, grupo de investigación
competitivo e...