• En venta!

Sistema electoral

Autor/a
Rodríguez Fontenla, Elena Rosalía
A presente unidade didáctica é a novena das que constitúen o conxunto do programa docente da materia Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos, materia obrigatoria (código G3031V01) do primeiro curso do Grao de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Dende unha perspectiva politolóxica, preténdese transmitir ao alumnado de xornalismo a transcendencia política das eleccións nunha democracia: unha práctica que vai parella ao espírito da democracia e constitúe un dos elementos centrais de todo sistema político democrático. O voto sería deste modo un acto a través do cal o cidadán(-a), en tanto actor político, conforma a renovación periódica da cor política das institucións políticas representativas. Neste senso esíxese o estudo do sistema electoral como elemento fundamental da comprensión do funcionamento e natureza dunha dimensión central do sistema político: o mecanismo de representación. O sistema electoral é así un conxunto de regras de xogo, isto é, unha serie de normas e institucións, que, en constante interacción, fan posible o tránsito dende os partidos electorais que compiten polo voto aos partidos que obteñen a representación nas cámaras representativas.  Ademais, é un dos factores máis importantes na modelaxe dun sistema de partidos.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2016
Serie
UD/125A Unidades didácticas
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/9788416954131
ISBN
9788416954131
Dispoñibilidade
Si