• En venta!

Sobre a liberdade

Autor/a
Mill, John Stuart
Prologuista
Barreiro Rivas, Xosé Luís
Cando en 1859 John Stuart Mill dá ás prensas do editor londinense John W. Parker o orixinal do ensaio no que traballara durante cinco anos, que, con criterio clásico, titulou On Liberty, estaban asentando en Estados Unidos e Europa os primeiros sistemas liberais nos que foran callando as ideas nutricias da revolución Francesa. Agromaban, ao tempo, novas formas de control que viñan demostrar que a fermosa verba liberdade, pronunciada por tantas xeracións preñadas de esperanza, perdíase con demasiada frecuencia nas formalidades do sistema, sen deitar con xenerosidade os vizosos froitos que dela se agardaban. Nestas circunstancias, John Stuart Mill, lonxe de escribir un tratado filosófico sobre a liberdade válido para todo tempo e circunstancia, quixo analizar o desenvolvemento da liberdade real na dialéctica entre o cidadán e a persoa, ou entre a comunidade e o individuo, que determinaba o avance e progresión das repúblicas liberais. En Sobre a liberdade, un clásico perenne do pensamento político, Mill conclúe que a creación dunha sociedade liberal, comprometida cos avances políticos e co necesario equilibrio do modelo económico, só pode lograrse mediante a reposición dunha cidadanía responsable, activa e inspirada por valores esenciais e inseparables do individuo.
Transacción
Formato
€15,00
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2018
Nº de paxinas
230
Serie
30 Clásicos do pensamento universal
ISBN
9788416954667
Dispoñibilidade
Si