Esta unidade didáctica enfócase de maneira que permita proporcionar unha visión global da Química Analítica e a súa terminoloxía básica, mostrando a importancia da Química Analítica para a resolución de problemas de diversos ámbitos. Este enfoque faise sobre o esquema do proceso analítico como medio de resolución dunha determinada problemática analítica real. Deste xeito, partindo dun esquema sinxelo, explícase o obxectivo e as distintas etapas do proceso analítico: definición do problema a resolver, selección do método máis adecuado e as operacións derivadas desta selección, toma e tratamento da mostra, medida do (ou dos) analito(s), tratamento e interpretación dos resultados experimentais obtidos, e finalízase a