Viaxeiro infatigable, profundo admirador e analista da paisaxe, minucioso investigador, docente recoñecido e entusiasta, a polifacética obra de Augusto Pérez Alberti —científica, divulgativa, didáctica, académica, colaborativa…— esténdese ao longo de corenta anos, nos que o seu nome foi acuñándose como imprescindible referencia da moderna xeomorfoloxía e a análise da paisaxe xeográfica, ao punto de ter sido un dos factores máis relevantes no estímulo e configuración da nova titulación de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo da xubilación do mestre, máis de cincuenta colegas, colaboradores, discípulos e amigos, pertencentes a unha vintena de universidades e outros organismos, concítanse nas